Canastro do Maestro

mapa ficha

Referencia:

010043

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600150 y: 4640572

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Paio

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro do Maestro

Descrición:

No lugar coñecido como O Santo, frente a Capela da Gracia, atópase este canastro mixto sen soleira, asentado directamente sobre o terreo. Presenta seis pés de sección cuadrangular ben labrados, catro deles apoiados sobre bases rectangulares para salvar o desnivel natural do terreo. Ten tres tornarratos tranversais de forma rectangular coas esquinas redondeadas, un tornarratos por cada dous pés. A cámara ten seis columnas sobre grade e padieira de perpiaño; catro costais con doelas verticais de madeira pintadas de vermello, e os penais con sendas portas tamén de doelas de madeira pintadas de verde. A cuberta de tella do país a dúas augas con voadizo, con pinche e gardaventos. No pinche frontal ten unha inscrición.

volver a búsqueda