Cruceiro

mapa ficha

Referencia:

010023

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600078 y: 4640689

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Paio

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Cruceiros

Subtipo:

Cruceiro

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Cruceiro

Descrición:

Cruceiro situado no medio da praza de San Paio. Aséntase sobre unha base de cachotería e sillares para salvar o desnivel do terreo. Presenta unha plataforma de dúas gradas cos bordos curvos. O pedestal é de sección cúbica e leva inscrición en dúas das súas caras. O estilizado varal cilíndrico descansa sobre unha base decorada nas esquinas con catro caveiras moi desgastadas. Sobre un capitel de volutas, levántase unha cruz de travesaños rectangulares, decorados nos extremos como elementos semicirculares con incisións ondulantes. Na cruz, as imaxes de Dolorosa e de Crucificado.
 
 
DOCUMENTACION:
-Ficha do Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica.

volver a búsqueda