Ara a Reve

mapa ficha

Referencia:

09034801

Nomenclator:

3203220

Coord. UTM:

x: 60529388 y: 465787246

Localización:

Inmoble indeterminado

Concello:

Xinzo de Limia

Parroquia:

XINZO DE LIMIA

Lugar:

Xinzo de Limia

Tipoloxía:

Indeterminada

Tipo:

Indeterminados

Subtipo:

Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Ara a Reve

Descrición:

Trátase dun ara erosionada en toda a superficie, sobre todo na parte superior da cabeceira e coa marca de dous dentes dunha pá escavadora en todo o largo do seu lateral esquerdo, afectando ás molduras. Presenta un capitel  con un bocel. O dado epigráfico é sinxelo e liso polos lados e a traseira. O pé, traballado en liso e coa transición marcada por un bocel, está completo. Inscrición en seis liñas.
 
A inscrición ocupa toda a fronte do dado epigráfico., Cicelado, Capital cadrada, latín, Honorífica
 
REVE . A / MOAE / GO. ARC V N I I V. / SILVAN / VS . V . S . L . / M.
 
Segundo Fariña Busto e Xusto Rodríguez a lectura sería:
(REVE AMOAEGO ARCVNIIV SILVANVS  V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito). A Reve Amoego Arcunii, Silvano dedicou de bo grao este voto.
 
 A inscrición está disposta en sete liñas relativamente equilibradas, agás a final, co M da fórmula disposta no centro pero algo forzado na altura. As interposición son claras e están situadas a media altura  das liñas. L1: 5,5; L2 e 3: 5; L4: 4,5; L5 e 6: 5; L7: 4; o espacio interlinear é de 2 / 1,5 cm.)

volver a búsqueda