Ara de Vilariño Frío

mapa ficha

Referencia:

06016401

Nomenclator:

3207807

Coord. UTM:

x: 61728774 y: 466369148

Localización:

Capela de Santo Estevo

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

PARADIÑA

Lugar:

Vilariño Frío

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Ara de Vilariño Frío

Descrición:

Esta ara foi descuberta en 1988 con motivo das obras realizadas na capela de Santo Estevo (Vilariño Frío). Estaba embutida na mesa do altar, en compañía doutra de menores dimensións que foi machacada para servir de recheo ao pavimento da capela.
 
Trátase dunha ara votiva, realizada en granito de gran fino. Presenta forma prismática, con capitel e base decorados con faixas estreitas e lisas, a modo de filetes decrecentes, enmarcando o campo epigráfico, e dobre moldura máis ancha nos extremos, que na parte inferior da base adquire un maior desenvolvemento. Fáltanlle os rolos que adornaban o capitel, seguramente eliminados cando foi reaproveitada para construír o altar.
 
O campo epigráfico, que mide 37x24x20, presenta unha inscrición distribuída en 6 liñas, separadas por espacios de 1,5 cm., con letras cuxo tamaño oscila entre 4 e 5 cm.
  
Inscrición
Lari Oc
aelaego
Q(uintus) · Apani
cvs · Cap
ito · V(otum) · S(olvit)·
L(ibens) · M(erito)·
 
Tradución:
Quinto Apanicus Capito adica este altar ao Lar Ocaelaego con ánimo compracido.
 
A ara ingresa no Museo Arqueolóxico de Ourense en xuño de 1988.

volver a búsqueda