Miliario de Zadagós

mapa ficha

Referencia:

05007701

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60559072 y: 466643046

Localización:

Inmoble indeterminado

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Zadagós

Tipoloxía:

Indeterminada

Tipo:

Indeterminados

Subtipo:

Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Miliario de Zadagós

Descrición:

A pesar de que na ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia, e noutras obras como "Miliarios e outras inscricións viarias romanas do noroeste hispánico  se sostiña que esta peza foi atopada en 1920, o certo é que tivo que ser descuberta con anterioridade, nos primeiros anos do século XX, porque no terceiro tomo do B.C.M.O. que comprende traballos dos anos 1906-1909 xa foi publicada por Vázquez Núñez como inédita. Neste traballo o autor fai unha interpretación bastante axeitada da epigrafía, indicando que o miliario estaba en bastante bo estado de conservación.
 
No I.R.G. queda catalogado na páxina 50 co número 33 e Díez Sanjurjo tan só fai unha breve cita do miliario no seu traballo.
 
No seu día foi descuberto nunhas leiras que os veciños de Zadagós chaman As Ladeiras, ó norte da aldea. No ano 1974 Rivas Fernández fai un estudio exhaustivo do miliario sinalando as seguintes coordenadas: 42º 10´ 38´´  L.N. E  3º 59´ 29´´  L.O. Por aquel entonces Rivas di que o miliario xa estaba fragmentado en dous trozos dende facía 50 ou 60 anos, polo tanto dende princípios do século XX. Foi partido lonxitudinalmente en dous anacos, un de maior envergadura có outro. Un dos pedazos estaba tendo man dunha viga nun palleiro e o outro sostiña dunha cancela para a entrada dunha especie de patio-galiñeiro que había diante do mesmo palleiro. Esta construción era propiedade de Dona Julia Marra. Nesta ubicación estivo durante un longo periodo de tempo, ata que fai poucos anos foi reconstruído e conducido ata o emprazamento que ocupa na actualidade, un cruce de pistas da concentración parcelaria, moi preto de onde apareceu en orixe.
 
Estase a falar dun inxente cilindro de granito de gran grosor que está ben executado. Tras a súa reconstrución pódese decir que é un dos miliarios mellor conservados do Concello de Sandiás.
 
Está adicado ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo e non sinala ningunha milla a pesares de ter espacio en branco suficiente para a gravación. Ten un carácter propagandístico xa que fai referencia á reparación e ó coidado das vías e obras afectadas polo paso dos anos. Este miliario relaciónase co ano 238, data na cal Maximino recibiu a séptima investidura imperial. Tamén se gravou a quinta investidura tribunicia, aínda que este feito constitúe un erro xa que o emperador non pasou da cuarta -alcanzada no ano 237-.
 
Esta é a interpretación recente levada a cabo por Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey:
 
Imp(erator) caes(ar) C(aius) Iulius
Verus Maxim[i]nus pi[us] fel(ix)
aug(ustus) germ(anicus) max(imus) dac(icus) max(imus) [s]arm(aticus)
max(imus) pont(i)f(ex) (maximus) tr[i]b(unicia) pot(estate) V i[m]p(erator)
VII p(ater) p(atriae) co(n)s(ul) pr(o)co(n)s(ul) et C(aius) Iuliu(s)
Verus Maxim(u)s nobi[lis]si
mus caes(ar) germ(anicus) max(imus) da[c(icus) m]ax(imus)
sarm(aticus) max(imus) pr[i]nceps iu[v]en
tutis fil(ius) d(omini) n(ostri) imp(eratoris) caes(aris) G(ai) Iu[li]
Veri Maximin[i] {fil(ius)} pius fe[l(ix) a]ug(ustus)
vias et pontes [i]n tempor[ib]us
vetustate con[l]apsos rest[i]tiu
pr(a)eceperunt [c]ura agen[e] Q(uinto)
Decio leg(ato) augg(ustorum) [p]r(o)pr(aetore) c(larissimo) v(iro)
 
Ó emperador césar augusto Gaio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, pontífice, coa tribunicia potestade por quinta vez, emperador pola sétima, pai sa patria, cónsul, procónsul; e Caio Xulio Vero Máximo, nobilíssimo césar, xermánico  máximo, dácico máximo, sarmático máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o césar emperador Caio Xulio Vero Maximino; pío, feliz, augusto mandaron refacer as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón (na milla 71).

volver a búsqueda