Miliario de A Corga

mapa ficha

Referencia:

05003401

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60519992 y: 466570712

Localización:

Inmoble Indeterminado

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Corga, A

Tipoloxía:

Indeterminada

Tipo:

Indeterminados

Subtipo:

Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Miliario de A Corga

Descrición:

Este miliario apareceu no ano 1964 co gallo dunhas obras de excavacións e desterros motivados pola desecación da Lagoa da Antela. Atopouse á man dereita da actual pista que vai de A Corga a Casasoá (non entre Pena e Morgade como afirmara nun primeiro momento Rodríguez Colmenero, primeiro en citar este miliario nun traballo, pero sin plasmar a súa transcripción), entre os núcleos de A Corga e Zadagós. Durante un tempo estivo custodiado nunha zona verde interior dunha granxa do I.R.Y.D.A., case no centro da desaparecida lagoa. En 1978 foi trasladado ó patio da Deputación Provincial de Ourense, e despois pasou a engrosar os fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
 
Estas son as coordenadas aportadas no traballo "La Vía Nova en a Limia": 42º 08´ 08´´ N. e 4º 02´ 21´´ O.
 
Trátase dun bloque de granito de sección casi cuadrangular pero coas aristas ampliamente redondeadas. Esta forma é moi común en varios exemplares tardíos desta rexión NO peninsular. A súa conservación é bastante boa, pero as letras son moi burdas e presentan varias erratas, tamén o seu tamaño é bastante variado. As filas epigráficas tamén presentan bastante descoido no referente á súa horizontalidade.
 
Está adicado ó emperador Galerio (293-311d.C.), e polo título de Augusto que se aprecia no texto pódese aproximar a súa realización ó ano 305 (ano no que este emperador alcanzou o título de Augusto).
 
Aínda que se aprecian algúns rasgos un pouco máis abaixo da última fila epigráfica recoñecible, seguramente non se especificou milla algunha, xa que era bastante común omitila nos miliarios tardíos e honoríficos.
 
Interpretación:
D(omino) N(ostro) IMP(eratori) CAES(a) RI (sic)
G(alerio) VALERIO
MAXSI
MIANO
P(io) F(elici) ANVISTO (por Augusto)
INVICTO
 
Lectura: (Adicado) ó Noso Señor o Emperador César Galerio Valerio Maximiano Pío Feliz Augusto Invicto.

volver a búsqueda