Miliario de Vilariño das Poldras

mapa ficha

Referencia:

05002601

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60144958 y: 466061163

Localización:

Inmoble indetermidado

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Vilariño das Poldras

Tipoloxía:

Indeterminada

Tipo:

Indeterminados

Subtipo:

Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Miliario de Vilariño das Poldras

Descrición:

Este miliario atópase na actualidade no núcleo de Vilariño das Poldras no xardín do Pazo de O Penedo que é propiedade da familia Marquina. Foi descuberto polo autores da publicación La Vía Nova en a Limia, que lle dan as seguintes coordenadas: 42º 05´ 22´´  e  4º 05´ 13´´. (UTM 29T-PG015606). A súa ubicación coincide case exactamente á altura da milla 67, polo que os autores presumen que debeu ocupar ese lugar.
 
Aínda que contaba cunha maior altura, hoxe mide aproximadamente 1.55 m., xa que a peza foi repicada para cumprir a función que desempeña: pedestal dunha estatua.
 
No ano 1992 os descubridores da peza afirmaban que tiña polo menos oito liñas de letras, pero apenas percibían unha ducia delas. Cinco anos máis tarde Rodríguez Colmenero reconstruía o texto do seguinte xeito atribuíndollo a Magnencio:
 
[Imp(eratori) caes(ari)
M]a[no]
[Ma]g[nentio invi]
cto pont(ifici).
max(imo). trib(unicia) pot(estate)
p(atri) p(atriae). co(n)
s(uli) pr(oconsuli)
 
Ao césar imperador Magno Magnencio invicto, pontífice máximo, coa potestade tribunicia, pai da patria, cónsul e procónsul.
 
Na interpretación máis recente levada a cabo por Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey, relacionan o miliario co emperador Xuliano o Apóstata. A interpretación que fan é a seguinte:
 
[Imp(eratori) caes(ari) Fl(avio)]
Claud[io
Iul]ia[no
invic]to
[a]ug(usto) pont(ifici)
max (imo) trib(unicia)
pot(estate) p(atri) p(atriae) c(onsuli)
proc(onsuli)
 
Adicado ó emperador césar augusto Flavio Claudio Xuliano, invicto, pontífice máximo, investido co poder tribunicio, pai da patria, cónsul, procónsul.

volver a búsqueda