Miliarios do Campo da Lama

mapa ficha

Referencia:

05002501

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60175700 y: 466080011

Localización:

Inmoble indeterminado

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Vilariño das Poldras

Tipoloxía:

Indeterminada

Tipo:

Indeterminados

Subtipo:

Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Miliarios do Campo da Lama

Descrición:

Para chegar ata os miliarios, unha vez que se chega á aldea de Vilariño hai que coller a primeira pista da concentración parcelaria á man esqueda. Despois de percorrer uns 400 m xa son visibles á beira da pista.
 
Nunha leira que os veciños de Vilariño das Poldras coñecen como Campo da Lama apareceron no ano 1995 tres miliarios. Un deles está adicado ós emperadores Maximino e Máximo e os outros dous son anepigráficos. Na actualidade atópanse a uns 40 m ao noroeste do lugar de aparición, nunha beira da pista da concentración parcelaria que une Vilariño das Poldras con Sandiás. Por este lugar pasa a Vía XVIII e coincide coa reducción de milla LXVII.
 
Miliario 1:
Atópase nun óptimo estado de conservación e foi realizado en granito de gran medio. Publicado por primeira vez por Rodríguez Colmenero.
Cronoloxía: Ano da VII Envestidura Imperial de Maximino, no ano 238.
Medidas: a: 244 cm. Diám.: 67 cm. L: 5-9 cm.
Esta é a transcrición realizada por Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey:
 
Imp(erator) caes(ar) G(aius) Iulius Verus Maximinus
pius fel(ix) aug(ustus) ger(manicus) max(imus) dac(icus) max(imus)
sarm(aticus) max(imus) pont(i)f(ex) trib(unicia) pot(estate) V
imp(erator) VII p(ater) p(atriae) co(n)s(ul) pr(o)co(n)s(ul) et G(aius) Iulius
Verus Maximus nobilissimus caes(ar)
germ(anicus) max(imus) dac(ius) max(imus) sarm(aticus) max(imus) princeps iuventutis fili(us)
d(omini) n(ostri) imp(eratoris) caes(aris) G(ai) Iuli Veri Maximini
[fil(ius)] pius fel(ix) aug(ustus) vias et pontes intemporibus
vetustate conlapsos restitui praeceperu
nt cura agente Q(uinto) Decio leg(ato) aug(gustorum) pr(o)pr(aetore) c(larissimo) v(iro)
a Bracara m(ilia) p(assuum) LXVII
 
O emperador césar augusto Gaio Xulio Vero Maximino, pío, feliz, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, pontífice, coa tribunicia potestade por quinta vez, emperador pola sétima, pai da patria, cónsul, procónsul; e Caio Xulio Vero Máximo, nobilíssimo césar, xermánico máximo, dácico máximo, sarmático máximo, príncipe da xuventude, fillo do noso señor o emperador, césar Caio Xulio Vero Maximino; pío, feliz, augusto, mandaron refacer as vías e as pontes deterioradas polo paso do tempo, sendo responsable Quinto Decio, legado propretor dos augustos, esclarecido varón, na milla 67 dende Braga.
 
É este un dos exemplares que mellor se conservan ó longo de toda a Vía, conta cun texto ben claro e correcto, a excepción da repetición na oitava liña de fil  despois do nome de Maximino.
 
Miliarios 2 e 3:
En ambos casos trátase de dúas columnas, irregularmente cilindradas de granito de medio gran. Nunha pódese apreciar algún sinal epigráfico, aínda que repicados intencionalmente. A outra non parece haber contado con inscrpción.
Medidas:
a: 267 cm. Diám.: 45 cm. L: 10 cm.
a: 223 cm. Diám.: 50 cm.

volver a búsqueda