O Marco das Antas / Miliario de Couso de Limia

mapa ficha

Referencia:

05001801

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 602642 y: 4662554

Localización:

Inmoble Indeterminado

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Couso, O

Tipoloxía:

Indeterminada

Tipo:

Indeterminados

Subtipo:

Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
O Marco das Antas / Miliario de Couso de Limia

Descrición:

En orixe este miliario estaba encravado moi preto da aldea de Couso de Limia no lugar que os veciños coñecen como "O Marco das Antas", a unha milla antes de chegar á Mansio Geminas. A súa localización exacta descríbea Rivas Fernández: á altura do Km. 0, Hm. 7 da estrada que vai de Sandiás a Couso. Neste punto a uns 100 m. á esquerda da estrada localizábase o miliario,  xusto ó lado dun antigo camiño de carro (a Vía Nova). Hai xa varias décadas que un veciño de Couso -D. Bernardino Blanco- o fragmentou en varios anacos para empregalos como postes no cercado dunha finca, segundo Rivas Fernández a altura dos fragmentos oscilaba entre 1,80 m. e 2,10 m. Dende este emprazamento os anacos foron vendidos a un anticuario e hoxe atópanse en paradeiro descoñecido. Rodríguez Colmenero aíndo pudo ver os anacos do miliario en 1972, o mesmo autor xunto con outros dous compañeiros aínda afirman que contemplaron algúns restos da peza nunha publicación do 2004.
 
É o único fito viario que se coñece ata o momento que está adicado ós emperadores Treboniano e Volusiano, era unha peza meramente propagandística xa que non especificaba as millas -probablemente coincidía coa milla 68 dende Braga. A epigrafía contaba con só seis liñas, o resto do fito viario quedaba en branco. As letras tiñan entre 7 e 8 cms. de altura.
Dende hai moitos anos era coñecida a existencia deste miliario, de feito xa foi citado no seu momento por Barros Sivelo que o situaba entre as aldeas de Sáa e Sandiás ou por Hübner. Foi tamén tratado por Vázquez Núñez ou Rivas Fernández, éste último fixo unha acertada recomposición do texto:
 
IMP(eratori).CAES(ari).C(aius). VIBIO. TREBONIA
NO.GALLO.PIO.INVICTO.AVG(usto)
TR(ibunicia).POT(estate).CO(n)S(ul).PROCO(n)S(uli).ET.IMP(eratori)
CAES(ari).C(aius).VIBIO.VELDVMIANO
VOLVSIANO.AVG(usto).PONT(ifici)
MAX(imo).TR(ibunicia).POT(estate).CO(n)S(ul) II
 
LECTURA: (Adicado) ó emperador César Caio Vibio Treboniano Gallo Pío Invicto Augusto na Tribunicia Potestade, Cónsul. Procónsul e ó Emperador César Caio Vibio Volusiano Augusto Pontífice Máximo na súa Tribunicia Potestade, no seu II Consulado

volver a búsqueda