Estela funerario de "O Outeiro"

mapa ficha

Referencia:

03021801

Nomenclator:

3206205

Coord. UTM:

x: 597752 y: 4652978

Localización:

Inmoble indeterminado

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SABUCEDO

Lugar:

Rial

Tipoloxía:

Indeterminada

Tipo:

Indeterminados

Subtipo:

Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Estela funerario de

Descrición:

Medidas: 1.22 x 0.48 cm; Ietras 0.05/0.08 cm.
As letras están gravadas profundamente e distribúense en oito liñas de disigual altura.
Estela funeraria realizada nun bloque de granito de boa calidade. Apareceu no lugar de Sabucedo, nunhas terras que os veciños denominan "O Outeiro" arredor de 1936. Na actualidade atópase no Museo Arqueolóxico Nacional.
A decoración da peza concéntrase na rosácea hexapétala dextrorsa que se atopa no frontón triangular. Arredor da rosácea e coincidindo cos ángulos tres pequenos circuliños, o superior cunha aspa inscrita e os outros dous cun punto central.
A peza a pesares de gozar dun bo estado de conservación está fragmentada na base, faltándolle un pequeño anaco. Isto non afecta á inscripción que está completa. Resalta o marcado carácter arcaizante da inscripción.
Son varias as interpretacións que se levan feito da epigrafía desta peza, preséntase a continuación a de Lorenzo fernández (1):
 
BLIIN          
DIIA   
MANT          
AI.F.M.             
ONIMII        
NTVS.ST          
AT.FIICIT                      
MAXVMUS   
 BLEN / DEA / MANT / AI.F(ilia). M / ONIME / NTVS.ST /  AT(uere) FECIT /  MAXVMUS .    
 
-Navascués (2) lee MANTIA, mentres Fuster (3) ve MANTAI.   
-O primeiro lee ANNORUM II  e o segundo FILIA.
 
Interpretación de Rodríguez Colmenero(4):
BLEN
DEA
MANT
AI.F(ilia). M
ONIME
NTVS.ST
AT(uere) FECIT
MAX (vmvs) SOUS(enus)?
(ou tamén Max-umus, simplimente)
 
O nome de Blendea aparece aquí por vez primeira en España, mentres que Mantia xa era coñecido por outra inscripción galega de San Martiño do Río (Láncara, Lugo), que Hübner incluiu no Corpus  tomado de Rada (C.I.L. II. 2588). Alude a unha moza de 18 anos chamada Aurelia Mantia, filla de Aurelius Fronto. Hübner tamén pensa que se pode ler o nome de Mantia noutra inscripción de Lugo (C.I.L. II. 2591).
 
NOTAS:
-(1)LORENZO FERNÁNDEZ, X., Inscripciones romanas de Galicia. IV. Provincia de Orense. CSIC, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Santiago de Compostela, 1968, pp. 129-130, nº 127.
-(2)NAVASCUÉS, J. M.: "Nuevo epígrafe hispano-romano de Galicia", Archivo Español de Arqueología,  t.XIV, 1940-1941, p. 222.
-(3)FERNÁNDEZ FUSTER, L.: "Sobre la lápida romana de Ginzo de Limia publicada en AEArq., 42 (1940-1941), 222", Archivo Español de Arqueología, t.XXIII, nº79, 1950, pp.198-199.
-(4)RODRÍGUEZ COLMENERO, A., Aquae Flaviae. I. Fontes epigráficas da Gallaecia meridional interior. Cámara Municipal de Chaves, Chaves, 1997, pp.245-246.
 
 

volver a búsqueda