Píxide de Ouvigo

mapa ficha

Referencia:

02011201

Nomenclator:

3201202

Coord. UTM:

x: 603339 y: 4651163

Localización:

Xacemento Capela de San Verísimo

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

BLANCOS, Os

Lugar:

Ouvigo

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Romano
Píxide de Ouvigo

Descrición:

Trátase dun coponciño ou píxide realizada en cobre dourado e decorada con esmalte escavado ou champlevé en pasta opaca de cor azul e branca. A caixiña ten forma cilíndrica na súa parte inferior e unha tapadeira cónica que se supón noutrora rematada por unha cruz, que hoxe lle falta. A tapadeira xúnguese ao corpo por un gonzo e o peche realízase por medio dun pasador que encaixa en dous tocóns furados. O seu esquema decorativo estrutúrase en catro medallóns, dispostos dous a dous no corpo inferior e outros dous na tapadeira. Cada un deles presenta no seu interior o anagrama IHS, cunha pequena cruz de brazos iguais e un signo parecido a un omega.
 
A súa tipoloxía é moi común, como o demostran a gran cantidade de pezas que se conservan en distintos museos, ata no Concilio Vaticano II, e en non poucas igrexias rurais. As súas características formais e iconográficas coinciden cos programas e repertorios utilizados polos talleres de Limoges nun momento avanzado do seu período industrial. Os múltiples obxetos, de calidade desigual, realizados por estos talleres comercialízanse por todo o occidente europeo, principalmente polo transitado Camiño de Santiago.
 
As píxides son pequenas caixas destinadas a reservar e guardar a Eucaristía ou para levar a comunión aos enfermos ou moribundos. O seu interior solía estar revestido dun pequeno corporal de liño que separaba as hostias, ao mesmo tempo cas protexía do contacto co metal.

volver a búsqueda