Ara romana nº1 de Baltar

mapa ficha

Referencia:

01005101

Nomenclator:

3200502

Coord. UTM:

x: 606338 y: 4644988

Localización:

Capela da Asunción

Concello:

Baltar

Parroquia:

BALTAR

Lugar:

Baltar

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Ara romana nº1 de Baltar

Descrición:

Actualmente sitúase no interior da Capela da Asunción, á esquerda da mesa do altar. Trátase dunha ara realizada en granito, con base e cornixa molduradas e campo epigráfico central. O texto, pintado, ocupa unha altura duns 41 cm e a súa interpretación varía segundo os autores. Recollemos a lectura que fan A. Tranoy e P. Le Roux (1975): REVE / LARVC ( o ou ui / VALE ( r ) IUS / APER EX / VOTO. Segundo esta lectura, un tal Valerio Aper adicou esta ara á deusa Reva do Larouco.
 
A peza está bastante desgastada debido ás inclemencias ambientais, pois ata non hai moito atopábase fóra do templo, baixo o pórtico. As posibilidades sobre a súa ubicación orixinal son dúas: o Outeiro do Castro (Santo Antoniño) ou o lugar coñecido como A Santa (Baltar).

volver a búsqueda