Inscrición da Quintá

mapa ficha

Referencia:

01000401

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600999 y: 4641309

Localización:

Inmoble indeterminado

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

Quinta, A

Tipoloxía:

Indeterminada

Tipo:

Indeterminados

Subtipo:

Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Inscrición da Quintá

Descrición:

Este palleiro, sitúase no lugar coñecido como O Corralón, ten planta rectangular, muros de cachotería e cuberta de fibrocemento a dúas augas. Sobre un sillar rectangular que forma parte dos muros do palleiro, hai unha inscrición. O estado é bastante malo, xa que a pedra está moi desgastada facendo moi difícil a súa intrepretación. Ademais para que o sillar encaixara perfectamente, cortaron parte da inscrición. Pola grafía parece de época medieval. Noutro sillar, á dereita deste, aparece gravada unha cruz latina de brazos potenzados. Atópase moi raída.

volver a búsqueda