Capela de San Xoán

mapa ficha

Referencia:

080021

Nomenclator:

3209001

Coord. UTM:

x: 59951518 y: 466511928

Concello:

Vilar de Santos

Parroquia:

PARADA DE OUTEIRO

Lugar:

Laioso

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Xoán

Descrición:

Edificio de planta rectangular, muros realizados con grandes cachotes encintados e cuberta a dúas augas con tella curva. A fachada principal, con porta alintelada, remata nunha espadana de dous corpos con arco, sobre os que asenta unha cruz templaria. Cubre esta fachada un pórtico aberto, con tellado a tres augas, que apoia en sendos canzorros da fachada e en dous piares con basa e capitel.  A capela está situada na zona do Campo, na parte Leste da aldea, e presenta diante da fachada principal unha ara e un sartego.
 
Aparece nomeada como unha das catro capelas que hai na parroquia, na visita 18 de outubro de 1676. (Libro, 35-7-10, folio 14). Ata a visita de 1709 non se volve facer mención a esta capela, na que se di: "[.. ..] Y por quanto en esta feligresia ademas de las hermitas expresadas en la caveza desta visita; su ilustrisima se alla ynformado ay otra mas en el lugar de Layoso su advocación del Glorioso San Juan la qual se alla muy Yndecente y yncapaz de celebrar en ellla" (Libro 35-7-10, folio, folio 77). Tamen se di que o responsable de adecentala é Don Joseph Osores, como dono do Coto e ser "clausula expresa do seu mayorazgo" (Libro 35-7-11, folio 77) . Nun decreto datado no 8 de xunio de 1712, ante a petición do dono do Coto, autorizase ao traslado da capela a un lugar máis decente e a reedificala de novo (Libro 35-7-10,  folio 86 volto). En visita do 26 de setembro de 1773, sinálase como responsable do mantenemento da capela ao dono do coto e prohíbeselle celebrar misa nel, ao cura párroco, aún con pretexto de fundación, festa ou devoción. (Libro, 35-7-11 folio 27). Na visita do 16 de outubro de 1856: "visito la capilla de San Juan Evangelista que se hallla en el lugar de Layoso, y considerandola muy uyil y necesaria  para que los vecinos dde dicho pueblo  de los inmediatos de Breijomes de Arriva y de abajo y puedan alli a misa en comun el Santo Rosario andar el calvario y ganar las indulgencias de la Bula de la Santa Cruzada especialmente en los días de intemperie o cuando por vageza o enfermedad no les sea facil venir a a la Iglesia [.. ..] manda que se adecente y mejore proviendola de un buen pavimento de piedra labrada, reformando las gradas y la mesa del altar, entallando en ella el ara sagrada con arreglo a rubrica juntando el retablo colocando en los nichos colaterales al del titular una imagen de la Virgen del Rosario o del Carmen y otra de San Juan Bautista y poniendo una campana en la espadaña" (Libro 35-7-11, folio 43 volto).
  
 
DOCUMENTACIÓN:
-Catálogo de Bens Culturais do Concello de Vilar de Santos. PXOM de Vilar de Santos. Clave: PAR2.
-A.H.D.OU.
     Libro  de visitas, 35-7-10.

volver a búsqueda