Casa reitoral

mapa ficha

Referencia:

070131

Nomenclator:

3208202

Coord. UTM:

x: 613004 y: 4652167

Concello:

Trasmiras

Parroquia:

CHAMOSIÑOS

Lugar:

Santa Baia de Chamosiños

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Reitorais

Subtipo:

Casa Reitoral

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Casa reitoral

Descrición:

Atópase xusto ao lado da igrexa parroquial, de feito unhas das fachadas laterais forma parte do peche do adro e cemiterio. A vivenda presenta planta cuadrangular, cuberta de tella a catro augas e muros de perpiaño. Adosado a casa, ten un anexo con cuberta a unha auga e a zona da eira pechada con muros de cachotería.
A construción da vivenda propiamente dita ten planta cadrada co baixo dedicado a uso agrícola e gandeiro, cun portón de acceso e co andar superior, empregado como zona habitacional. A fachada principal, atópase moi alterada, cunhas escaleiras de cemento con varanda metálica que dan acceso ao andar superior realizado en ladrillo e cemento pintado de cor rosa. Na planta baixa mantívose o muro de cachotería e o portón.
 
O anexo á vivenda ten forma rectangular, muros de cachotería e cuberta a unha auga. Adosado a esta construción, sitúase a eira pechada en cuxa fachada destaca un forno comunal de planta cricular. E un engadido de bloque de cemento empregado como leñeira.
 
Na fachada traseira, de aspecto moi macizo a vivenda semella estar formada por dúas edificacións que repiten o mesmo esquema, ventá cadrada na zona de habitación, e respiradorio rectangular na planta baixa.  
 
Aparece citada nos libros de Santa Baia Chamusiños:
 41.6.7, fol.90, 1651. Inventario, cítase a casa reitoral
 41.6.5, fol.13v,1687 "tiene casa y diestros"
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
   CHAMUSIÑOS, Santa Baia.
      41.6.5. Visitas (1679-1827).
      41.6.7. Contas (1875-1890).

volver a búsqueda