Xacemento O Outeiro do Castelo

mapa ficha

Referencia:

070119

Nomenclator:

3208206

Coord. UTM:

x: 616993 y: 4651058

Concello:

Trasmiras

Parroquia:

VILA DE REI

Lugar:

Castelo, O

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Castros

Subtipo:

Castro

Etapa Histórica:

Idade do Ferro

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento O Outeiro do Castelo

Descrición:

Nun outeiro de amplo dominio panorámico e boas defensas naturais, no lugar do Castelo enclávase este castro.
 
En superficie atopáronse abundantes anacos de tégula e ímbrices, cerámica medieval de pastas grises con desgraxente micáceo, ademais de sillares traballados a pico. Na ladeira oeste, á beira do camiño existe unha pequena pía rectangular escavada na rocha onde dín "que se lavaba a Santa". Moi preto noutra rocha, hai unha fornela onde din que "eiquí naceu a Santa". Esta última non foi localizada.
 
Na aba noreste do outeiro, atópanse uns penedos graníticos cunha gruta, onde hai un pequeno burato semicircular chamado "o forno dos mouros". Ao pé da gruta, pódense ver uns chanzos escavados na rocha. A vexetación existente non permite acceder ao interior.
 
O asentamento ten longa ocupación dende a idade do ferro, pasando pola época romana ata chegar á idade media. Tendo en conta a súa ubicación, podería corresponder a un castelo medieval, coñecido como "roqueños" ou "niño de aguia".
 
Hoxe o xacemento está dominado por un gran penedo de granito e pola capela da Virxe dos Remedios.   
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R. (Dir.); As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento ao mundo rural da Limia. Zamora: Ed. Monte Casino, 2006. p. 147.  
  
DOCUMENTACION:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32082004.

volver a búsqueda