Capela da Nosa Señora dos Remedios

mapa ficha

Referencia:

070070

Nomenclator:

3208206

Coord. UTM:

x: 617015 y: 4651120

Concello:

Trasmiras

Parroquia:

VILA DE REI

Lugar:

Castelo, O

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela da Nosa Señora dos Remedios

Descrición:

No lugar do Castelo, nun alto monte con vistas panorámicas, sitúase esta ampla capela de perpiaño. Ten planta rectengular dunha soa nave e cuberta de tella do país a tres augas. A fachada principal presenta porta con arco de medio punto con dovelas destacadas, dous pequenos vanos abucinados e remate de espadana con arco de medio punto e frontón triangular coroado por unha cruz.
 
No lateral dereito ten outra porta adintelada e dous vanos rectangulares. Na parte traseira, baixo a cuberta, destaca un sillar labrado.
 
O recinto da capela está rodeado dun muro baixo formado por grandes sillares de granito.  
 
No libro 41.16.1 de VILADEREI, San Salvador aparece a seguinte referencia, sen fol., 1581 "visito la ermita de nuestra señora de o castelo. Inventario. por quanto fue informado que muchas personas pasaran por la dicha ermita y por hallarla cerrada no hazian oracion y se perdia mucha limosna que de lo que se deve a la dicha ermita se haga una reja de palo en el arco de [roto] mayor o coro y se le ponga su cerradura con decencia y que de dia este abierta la una puerta".
 
No libro 41.16.3 de VILADEREI, San Salvador no fol.43, 1687 volve aparece citada: "Ay dos hermitas, una de San Roque y otra de nuestra Señora de Castelo, ay mas otra de San Andres, que estan con mediana decencia".
 
Tamén se atopa información sobre a venda duns candeeiros para a construción dun retablo. Fol.45v., 1687 "aviendo visitado la hermita de ntra sra do Castelo, hallo tener dos candeleros de plata [...] dicha hermita no tiene retablo para la imagen [...] que los candeleros se vendan [...] se hará un retablo [...] de una caxa en medio con sus colunas a los lados y dos nichos correspondientes para poner la tabla al un lado s. Joseph y al otro san Joachin".
 Fol. 46, 1687 "dieronse los candeleros para ntra sra de las niebes que los compro el P.Prior San Benito pesaron 23 rls de a ocho y medio real de a quatro y diez rls mas de plata e hizose el retablo costo 266 rls lo restante debo yo el abad y es para pintarle".
 Fol.74,1718 paguen os herdeiros do abade 90 rls de vellón do resto da venda dos candeeiros da ermida.
 
No libro 41.16.10, no fol.248,1880 aparece a acta de erección de vía cruces na igrexa parroquial (interior e exteriormente) e nas capelas da nosa Señora dos Remedios do Castelo e na ermida de San Andrés (exteriores). Visitas (1586-1764). Fábrica (1592-1684).
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R. (Dir.); As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento ao mundo rural da Limia. Zamora: Ed. Monte Casino, 2006. P. 158-159.
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
    VILADEREI, San Salvador
        41.16.1. Fábrica (1568-1612).
        41.16.3. Fábrica (1668-
        41.16.10. Visitas (1586-1764). Fábrica (1592-1684).

volver a búsqueda