Capela da Nosa Señora da Graza

mapa ficha

Referencia:

070047

Nomenclator:

3208205

Coord. UTM:

x: 614700 y: 4653654

Concello:

Trasmiras

Parroquia:

TRASMIRAS

Lugar:

Trasmiras

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Capela da Nosa Señora da Graza

Descrición:

Na entrada do núcleo de Trasmiras e á  beira da estrada, que une Xinzo de Limia con Trasmiras, atópase esta edificación de perpiaño, dunha soa nave, con planta rectangular e dúas portas de acceso, unha ao sur e outra ao leste. Ten cuberta de tella do país a dúas augas.
 
Fachada principal con porta lintelada, dous vanos rectangulares e remate en espadana con arco de medio punto decorada por cruz florenzada e pináculos de bolas. Na parte traseira, coroando a cuberta, ten tres pináculos piramidais.
 
Nos paramentos da capela destacan dúas inscricións, unha numérica nun sillar na parte baixa do lateral esquerdo, e outra textual na cornixa do lateral dereito.
 
No libro 41.14.6 de TRASMIRAS, San Juan aparecen varias referencias:
 na primeira folla nárranse os milagros da Nosa Señora da Graza e os terremotos de 1761.
f.31. Visita 21 de Maio 1764. "Ay dos Hermittas una de Nuestra señora de Gracia, y otra de San Caietano".
f.72. Visita 3 Maio 1825. "... La otra Hermita de Nuestra Señora con la Advocacion de la Gracia, ninguna renta tiene para su decencia, y esta la conserva solo por la devocion de los fieles: tiene una casulla de seda blanca floreada con su galon de oro, alva, Cingulo, y Amito, una mesa de Manteles, otra de corporales cons us bolsa respectiva al color de la casulla todo decente, un caliz con el vaso, patena chuchara (sic) de plata, y el pie de metal: un misal, un cajon, un confesionario, y un atril nuebos"
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R. (Dir.); "As parroquias do Concello de Trasmiras. Un achegamento ao mundo rural da Limia". Zamora: Ed. Monte Casino, 2006. p. 135.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario del patrimonio arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
   TRASMIRAS, San Juan.
       Libro 41.14.6.

volver a búsqueda