Casa Reitoral

mapa ficha

Referencia:

060193

Nomenclator:

3207809

Coord. UTM:

x: 61564806 y: 466175366

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

SARREAUS

Lugar:

Sas

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Reitorais

Subtipo:

Casa Reitoral

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Casa Reitoral

Descrición:

A casa reitoral de S. Salvador de Sarreaus sitúase ao Oeste da Igrexa parroquial, na aldea de Saa. Trátase dunha casa que se desenvolve arredor dun patio central, cerrado por unha cerca de cachotería e ao que se accede por un portalón exterior que no seu lintel presenta a seguinte inscrición: "Ano de 1782 esta obra hizo Don Diego Dieguez".
 
O edificio destinado a vivenda distribúese en dúas alturas e presenta planta en forma de L, resultado do adosamento de dous corpos, muros de cachotería con encintado de cor branca e cuberta a catro augas con tella curva. No corpo máis recente, construíuse unha galería de formigón con ventás de aluminio. É de destacar da vivenda a monumental cheminea, levantada con perpiaño e rematada cun pináculo piramidal central.
 
No lado Sueste dispóñense os alpendres e as palleiras.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Unterés Histórico Artístico. Ministerio de Cultura. Madrid, 1979.

volver a búsqueda