Capela do Rosario

mapa ficha

Referencia:

060182

Nomenclator:

3207809

Coord. UTM:

x: 61544495 y: 466258026

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

SARREAUS

Lugar:

Padroso

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela do Rosario

Descrición:

Edificio exento de planta rectangular, con muros encintados de perpiaño combinado con cachotería -que evidencian diferentes momentos construtivos-, e cuberta a tres augas con tella francesa. A fachada principal presenta porta de ferro con reixa e topete a modo de lintel; aos lados dúas grandes ventás protexidas con reixa. Remata a fachada cunha espadana dun só arco e cruz latina. Está situada no centro da aldea.
 
Segundo o libro de contas de fábrica e visitas: "[.. ..] Hay en esta Parroquia tres hermitas o capillas: [.. ..] . "Otra en el lugar de Padroso titulada de San Francisco Xavier; y llaman comunmente de Nuestra Señora del Rosario porque tiene su imagen y se celebra su fiesta en el mes de octubre"  (Libro de contas de fábrica e visitas, 45-17-12, visita de 17 de agosto de 1827, folio 95). Aparecen citadas por primeira vez as tres ermitas da feligresía en visita do 14 de xulio de 1769:
"Hay tres hermitas, una de San Miguel otra de San Francisco Xavier y otra del Angel de la Guarda [.. ..]" (Libro de cuentas de fábrica, 45-17-12, folio 45).
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
        Libro de contas de fábrica e visitas. 45-17-12.

volver a búsqueda