Igrexa parroquial de Santiago

mapa ficha

Referencia:

060107

Nomenclator:

3207804

Coord. UTM:

x: 61763557 y: 466079015

Concello:

Sarreaus

Parroquia:

FREIXO

Lugar:

Freixo

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Neoclásico
Igrexa parroquial de Santiago

Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular con cabeceira destacada en altura e muros de perpiaño encintado. A fachada principal e sinxela, con porta alintelada e óculo. Coroando a fachada, espadana dun só arco, flanqueada por pináculos e rematada por frontón e cruz.
 
Era anexa á parroquia de Lodoselo. Na visita de 1618, mandase que "[.. ..] se levante la capilla mayor de suerte que quedando en bastante disposicion para quese haga la sacristia [.. ..] y la ventana que esta junto al altar mayor se cierre y haga otra mas abajo. Para vque entre  bastante claridad ytem la puerta antigua que esta abierta para hacer la sacrisita se cierre" (Libro 45-8-1, sen folio).
 
En 1632, mándase en visita pastoral, que "se aga un cobertiço desde el campanario asta la entrada del sagrado atento que la iglesia esta en un monte y lexos de los lugares y entiempo de quaresma puede estar abierta para ir a regar las estaciones" (Libro 45-8-1, sen folio). No ano seguinte fíxose un retablo para a imaxe de Nosa Señora pola que se pagaron 24 ducados.
 
Na visita de 1672, mandase recompoñer un cabildo que se di que había (Libro 45-8-3, folio 9).
 
Entre 1670-1671 ao escultor Francisco Feijóo se lle paga 1000 reales por un retablo colateral  con dúas imáxes dun Santo Cristo e un San Roque coa súa cruz e peanas (Libo 45-8-3, folio 8).
 
Entre 1699-1705, concertase un retablo para a capela maior coas súas imáxes co escultor Francisco Guitián, veciño de Celanova, en 200 reais (Libro 45-8-3, 28 vol).
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Unterés Histórico Artístico. Ministerio de Cultura. Madrid, 1979.
-A.H.D.OU.
        Libro  de visitas  45-8-1.
        Libro de visitas e contas de fábrica. 45-8-3.

volver a búsqueda