Pazo do Espido

mapa ficha

Referencia:

050093

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60384520 y: 466356261

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Pegas, As

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Pazos

Subtipo:

Pazo

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Indeterminado
Pazo do Espido

Descrición:

Xa no ano 1652 Dona María Pérez de Gándara aparece como veciña da casa do Espido cando outorga o seu testamento ante o escribano Francisco Fernández. Sen embargo, posteriormente as referencias son escasas.
 
A edificación é unha estrutura con pranta con tendencia ó "L" resultado posiblemente de diferentes etapas construtivas. O eixo principal do edificio é o N-S, cos muros construidos en perpiaño na fachada principal e de cachotería encintada no resto. Nesta mesma fachada ten unha escaleira de cantería que dá acceso á porta principal no piso superior. Os vanos son escasos, singularizándose unha porta de aire que debeu servir para dar acceso a un balcón hoxe desaparecido. Na Parte leste construíuse unha cheminea de sección rectangular rematada con pináculos.
 
Existe un portalón de entrada á finca que porta tres escudos de armas. Cuia descrición sería a seguinte, de esquerda a dereita:
 1º -Partido e cortado. Primeiro cuartel, figura armada. Segundo, torre sumada de figura. Terceiro, banda resaltada de cinco estrelas e unha lúa, tres estrelas e o que semmellan tres flores de lis. Timbrado de ielmo mirando a sinistra con penacho. Un brazo sobresae do jefe portando un arma.
2º -De dificil descrición por estar cuberto de líquines. Semella tronchado. No primeiro cuartel semella unha torre. Segundo cuartel, dúas espuelas e un caldeiro.
3º -Cortado. Primeiro cuartel, árbore con dous lobos empinados e torre. Segundo, banda e cruz. Bordura con aspas. Timbrado de ielmo mirando á diestra  coa bisera baixa e penachos.
 
Segundo Rivera Rodríguez, correspóndense coas armas dos Armada, Salgado, Araujo e Puga. A ámbolos lados do escudo central figura a inscrición: "Estos escudos y por nombre Puga y Armada puso".
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
RIVERA RODRÍGUEZ, M. T. Los pazos orensanos. Editorial Atlántico - Caja de Ahorros Provincial de Orense. La Coruña. 1981.
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
        Libro 35.11.13

volver a búsqueda