Xacemento Outeiro do Couso

mapa ficha

Referencia:

050091

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60316871 y: 466196181

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Coalloso

Tipoloxía:

Representacións Rupestres

Tipo:

Cruces de termo

Subtipo:

Cruz de termo

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Outeiro do Couso

Descrición:

O Outeiro do Couso érguese dominante sobre o pobo de Coalloso e a chaira limiá. Na súa aba localízase o lugar de A Falagueira onde se teñen atopado restos de filiación romana. Sen embargo, no cumio do monte, onde segundo a ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia existía un probable asentamento castrexo, os restos cerámicos son nulos (nunha prospección do ano 1988 recolleronse "pequeños fragmentos de tonos marrones y grisáceos" que forno adscritos ó mundo castrexo) sendo bastante improbable a pesares da dita calificación que alí existise ocupación habitacional. O lugar non goza de ningún elemento defensivo a maiores do escarpado do terreo e a posible area de poboación está ocupada por numerosos rochedos ademais de contar con un reducido espazo. Debido á grande cantidade de pedra o cumio, o mesmo que toda a ladeira do monte, foi empregado coma canteira, distinguíndose as marcas de barreno e cuñas. No eixo dun valado que dende a parte baixa ascende ata o cume, moi preto dun vértice xeodéxico, atópanse dúas cruces duns 15 cm, gravadas na rocha, que funcionan coma delimitadoras de termo.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077001

volver a búsqueda