Capela de San Miguel

mapa ficha

Referencia:

050090

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60335354 y: 466226992

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Coalloso

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Indeterminado
Capela de San Miguel

Descrición:

En 1652 cando otorga o seu testamento Dona María de Gándara, veciña da casa do espido, xa existía unha capela na honra de San Miguel, xa que entre outras moitas manda que á sua morte se digan unhas misas nesta ermida (Libro 35.11.13., fol.269).
 
Tres anos máis tarde recóllese na documentación esta breve descrición: "La otra es la avocacion del angel San Miguel esta muy bien conpuesta con sus rexas y frontal de red y la conpuso un labrador por debocion (Libro 35.11.7., fol. 95Vº).. Parece que o templo continuou gozando deste estado de decencia polo menos medio século máis, así se vai desprendendo das diferentes visitas parroquiais: visita de 1669 (Libro 35.11.7., fol.19), visita de 1670 (Libro 35.11.7., fol.25), visita de 1694 (Libro 35.11.7., fol.80Vº), visita de 1696 (Libro 35.11.13., fol.225), visita de 1699 (Libro 35.11.13, fol.229). A cousa cambia coa entrada do século XVIII, así en 1709 xa se atopaba indecente para o culto (Libro 35.11.13., fol.231). Esta indecencia foise prolongando no tempo, e na visita parroquial de maio de 1718 recóllese o seguinte; "Yten manda su Ilustrisima que por quanto las hermitas de San Benito y San Miguel estan con notable indesencia se notifique y haga saber para el abbad a sus feligreses rehedifiquen la de San Miguel.. ..dentro de seis messes que corren desde la publicacion de esta visita, y no lo haciendo se demuela la de San Miguel, trahiendo los santos a la Yglesia poniendo una cruz en el sitio donde esta dicha hermita (Libro 35.11.13., fol. 236Vº)
 
Nas visitas dos anos 1721 (Libro 35.11.13. fol.239) e 1728 (Libro 35.11.13, fol.240v). queda reflectido que o mandato de arranxar ou derribar a ermida de Coalloso no se cumprira, facendo petición de novo o bispo de que se arranxe ou que se tire. Parece ser que ós feligreses lle chamou máis a segunda opción xa que na visita pastoral de 1763 (Libro 35.11.13, fol.1) xa se di que o templo está con decencia para poder misar, así se volve a repetir seis anos mais tarde; (Libro 35.11.13, fol. 248) e nas visitas conservadas do século XIX.
 
Estase a falar dunha capela rural moi modesta, de pranta rectangular cos muros de cahotería. Nun dos lados menores, o do altar, pódese apreciar como en tempos o templo contou con menor altura. Nunha fachada de gran sobriedade ábrense dous vans alintelados; unha porta de entrada e unha fiestra bastante desenrolada para este tipo de capelas. Sobre un basamento aséntase a espadana de arco e dun só oco. Aparece rematada por unha cruz latina pétrea sobre cornixa.
No lintel da porta reza unha inscripción irrecoñecible pola erosión do paso do tempo. Cuberta a dúas augas con tella romana
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AR-5.
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
        Libro 35.11.13
        Libro 35.11.7

volver a búsqueda