Torre de O Castro

mapa ficha

Referencia:

050086

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60395350 y: 466441735

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Castro, O

Tipoloxía:

Arquitectura Defensiva

Tipo:

Torres

Subtipo:

Torre

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Torre de O Castro

Descrición:

A torre sitúase sobre un afloramento rochoso, dende o cal goza de moi ampla visibilidade, ó mesmo tempo que dispón do material granínico preciso para a súa construción, que de seguro facilitou en boa medida este labor. Sóese mencionar neste lugar a existencia neste lugar dun asentamento castrexo, do que non existe nada e igualmente tódolos restos materiais aparecidos remiten á Idade Media, polo que pode dicirse que tal atribución só pode argumentarse pola coincidencia do topónimo con ese tipo de poboados, se ben hai que dicir que o termo castrum refírese a núcleos fortificados, sendo válido para diferentes cronoloxías.
 
A súa orixe é descoñecida, se ben tódolos autores tenden a encadrala dentro das disputas fronteirizas do século XII, en 1348 sería propiedade de Fernández de Biedma, sendo atacada en 1386 polo duque de Lancaster, segundo recolle toda a bibliografía. No 1441 a propiedade é de Francisco Álvarez, provisor do bispo e pouco despois atopámola en mans da familia Pimentel, en 1448. Non se coñece exactamente como puido afecta-la Revolución Irmandiña á construción, aínda que é considerado que chegou a ser derribada, seguindo as afirmacións do Licenciado Molina. Posteriormente, chegouy a ser reconstruida sufrindo un novo asedio por parte do Conde de Camiña, Pedro Álvarez de Soutomaior. Ó longo dos séculos XVII e XVIII pasou por diferentes mans: Maceda, Benvente e Monterrei. Foi enclave destacado nas loitas con Portugal e utilizado tamén na Guerra de Sucesión. Non hai constancia de candou perdeu os paramentos que lle faltan, aínda que é posible que non se debese a un proceso violento, senón á simple depredación do seu material para a construción doutras edificacións cercanas.
 
Únicamente se conserva a torre, aínda que debeu contar con un recinto cercado similar ó da cercana torre da Pena, tal e como o deixan ver os restos de muretes con pequenos fosos e as marcas deixadas na rocha para ser asento de perpiaños, que nalgún caso deixan ver a pranta dun cubo circular. A pranta do conservado é cadrada, con muros feitos en perpiaño, a soga e tizón, e fiadas regulares, nos que son apreciables marcas de canteiro. A cimentación físoxe dicertamente na rocha e o edificio acada unha altura duns 17m, distribuidos en tres prantas máis un soto. O feito de ter roto o paramento permite ver o recheo interior, feito a base de cal e grandes perpiaños irregulares, acadando o muro unha anchura de 3,80m.
 
A entrada realízase á altura do primeiro piso, mediante unha porta da que só queda parte, con un arco que debía cobixar un tímpano . A torre remátase con modillóns en cuarto bocel.
 
Na parte baixa da torre, xunto ás casas, existen dous pozos, un construído hai uns 50 anos (2008) por un dos veciños das casas inmediatas, con peitoril e outro moito máis antigo e de maior tamaño, actualmente tapado do cual se extrairon numerosos recipientes cerámicos medievais.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-14
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077002
 
BIBLIOGRAFÍA:
OLBES DURÁN, Carlos. Castillos de Ourense. Ediciones Lancia. Madrid. 1997
RODRÍGUEZ CAO, Celso. "Torres señoriales de la Limia Alta (Orense): estudio arquitectónico". Castillos de España, nº 107. 1997. pp. 55-62
VV.AA. "As torres do Val da Limia". Anexo VIII Xornadas de Historia de Galicia, Aspectos históricos de Ourense. Ourense. 1995. pp. 47-68

volver a búsqueda