Casa Grande

mapa ficha

Referencia:

050081

Nomenclator:

3207703

Coord. UTM:

x: 60564900 y: 466462500

Concello:

Sandiás

Parroquia:

SANDIÁS

Lugar:

Cardeita

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Vivendas

Subtipo:

Casa Vivenda

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Casa Grande

Descrición:

A casa de pranta rectangular está construída en perpiaño con vanos arquitrabados e cuberta a tres augas, a edificación primixenia. A esta construción engadíronselle outras dúas, unha cara ó sur, a continuación, e outra cara ó leste. O elemento máis destacado é o balcón voado corrido ó longo de toda a fachada oeste, elemento sobre perpiaños apoiados en canzorros en cuarto bocel. Soporta o espazo cuberto unha serie de columnas de sección circular cos remates cadrados. Nos espazos intermedios unha varanda metálica. A casa conta con un portalón de entrada a esta e a finca colindante enmarcado por sendas columnas de sección circular con basas neoáticas e capiteis con follas de acanto sobre os que se dispoñen dous leóns deitados.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-13

volver a búsqueda