Pozo do Piorno

mapa ficha

Referencia:

050079

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 605597 y: 4665072

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Zadagós

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Asentamentos ao ar libre

Subtipo:

Asentamento ao ar libre

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Pozo do Piorno

Descrición:

En torno ó humedal da antiga Lagoa da Antela, tense constancia dende sempre dun intenso poboamento humano. Xa dende tempos de Barros Sivelo se ven falando de material que se foi atopando en torno á lagoa e que proba o anteriormente dito. De feito el xa reproduce unha serie de puntas de frecha atopadas no mencionado lugar. Tamén Diez Sanjurjo menciona a aparición de material semellante nos traballos da construción da estrada de Villacastín a Vigo "aparecieron hachas de piedra y otros objetos al cimentar la obra de fábrica sobre el cauce del lago".  Poderíanse seguir citando traballos onde se recollen achados similares; é o caso de Conde-Valvís e as dúas puntas de frecha de sílex que recolle no se traballo do ano 1976.
 
Son numerosas as lendas que mencianan a existencia de cidades asolagadas en tono á Lagoa, referente a isto habería que mencionar o tema dos poboados de palafitos ou poboados lacustres prehistóricos. Estes palafitos eran construccións apoiadas sobre estacas que as illaban do chan, quedaba un espacio libre entre a base da constucción e o chan para que puidese circular o aire. Estaban unidos coa terra mediante unha especie de ponte ou mediante unha escaleira.
Xa Díez Sanjurjo lle chamara a atención os restos destas construccións, aínda que os interpretaba de maneira errónea: "Pero lo que más nos ha llamado la atención son unas obras de tierra semejantes á mámoas  y que parecen haber tenido el mismo destino que estas, pero que difieren en la forma y disposición, que era la siguiente: Casi en el centro de la laguna, en los sitios donde se conserva el agua, aun lo veranos más secos, existen unas porciones de terreno más elevado que el resto de unos 80 centímetros, separados por una especie de parapetos de tierra; dentro de estos espacios existen la mámoas citadas, estando formada cada una por un semitoro de revolución con una semiesfera en el centro, siendo el plano común de corte de estas figuras el del terreno, de suerte que cada una de ellas forma un montículo con un parapeto  alrededor". Decía Díez Sanjurjo que estas construccións chamábanse cortejos e que eran moi abundantes, que nelas apareceran materiais como carbón, barro cocido, cuarzo etc. De todas maneiras establece unha serie de paralelismos coas mámoas sen moito acerto.
Sen embargo o que máis escribiu acerca deste tema foi foi Conde Valvís, aínda puido visualizar indicios de tres grupos de palafitos no Lago Beón ou Lagoa da Antela: a primeira agrupación parece que estaba frente ó pobo de Cortegada de Limia -distante uns dous quilómetro do borde da Lagoa-. Catalogaba un total de 58 restos -que no lugar lle chamaban cortexos-- e excavou alguns dos exemplares: "Estaban formados por un borde ouaro de 11.50 metros de diámetro exterior, rigurosamente circular, con una altura de 0.80 metros sobre el terreno, y un ancho, en forma semicircular, de 3.50 metros. Dentro de este gran círculo y a la distancia de 0.50 metros, se eleva un montículo, perfectamente redondeado, especie de semi-esfera, que tiene un diámetro en su base, también de 3.50 metros y la misma altura que el aro, de 0.80 metros". Esta primeira agrupación de palafitos parece ser que estaba a uns 150 metros do borde da Lagoa, e moi próximos ó canal do desaugue.
 
O segundo grupo de restos tamén se localizaban moi  preto do mencionado canal, pero neste caso na marxe dereita. Estes eran os que sinalaba como nº II no seu croquis. Describía que aquí había practicamente o mesmo número de círculos e de igual estrutura.
 
O terceiro grupo, de exactas características, estaba situado casi frente ó núcleo de Cardeita, e entre éste e Zadagós. Neste caso o número de círculos cantabilizados descendía lixeiramente ata 36. O lugar deste grupo de restos era coñecido como "O Piorno" ou "O Vindiño Seco". A paredes dos palafitos estaban formadas por varas construíndo unha especie de labor de cestería, e tiñan as súas paredes interiores revocadas de argamasa de arxila. A cuberta sería de colmo.
Unha vez arrasados estes restos, Rivas Quintas visitou o seu emprazamento, describindo o seguinte: "No que hoxe é parcela de Don Félix Sánchez de Casasoá, pódense ver unhos grandes redondeles, coma de vinte metros de diámetro, soio marcados pola diferente cor da terra, areenta e branca".
 
Non se pode deixar de citar o famoso "Pozo do Tremedoiro", situado no medio da recta imaxinaria coa que se poden unir as Torres de Pena e a de Sandiás. Conde-Valvís puido comprobar in siti  como debaixo da auga e do fango que recubría ese terreo existía unha superficie de máis de 40 metros cadrados todo cuberto con lousas de pedra, perfectamente labradas e unidas entre sí. Delimitou un rectángulo de 32 metros en sentido Leste-Oeste -na líña das Torres-, e de 28 metros Norte-Sur que seguía este procedemento.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32077REF-10.
 
BIBLIOGRAFÍA:
-BARROS SIVELO, R., Antigüedades de Galicia. A Coruña, 1875, pp.44-45.
-CONDE-VALVÍS FERNÁNDEZ, F.: "La Laguna Antela y sus Palafitos", Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, t. XVII, 1949-1952, pp.293-318.
-CONDE-VALVÍS FERNÁNDEZ, F.: "La Laguna Antela y sus vicisitudes histórico arqueológicas", Boletín Auriense, t. V, 1975, pp. 159-177.
-CONDE-VALVÍS FERNÁNDEZ, F.: "Dos puntas de flecha orensanas, únicas en Galicia", Boletín Auriense, t. VI, 1976, pp. 43-48.
-DÍEZ SANJURJO, M.: "Los caminos antiguos y el itinerario nº 18 de Antonino en la provincia de Orense", Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, t. II, 1902-1905, pp. 338-342.
-RIVAS QUINTAS, E.: A Limia: Val da Antela e Val do Medo, ed. Atlántico, Deputación Provincial de Ourense, 1985, pp. 53-58.

volver a búsqueda