Casa da Capela / Casa dos Fidalgo

mapa ficha

Referencia:

050075

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60568500 y: 466602400

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Zadagós

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Grandes

Subtipo:

Casa Grande

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Casa da Capela / Casa dos Fidalgo

Descrición:

Hoxe o que os veciños denominan a casa da capela é un conxunto de construcións adosadas con prantas moi variadas. Son dispares tamén as alturas dos diferentes volumes. De todo este conxunto destaca o edificio que se atopa xusto á man dereita do portalón da casa. Presenta unha pranta máis o menos rectangular e os muros son de perpiaños irregulares con mezcla de cachotería. Nel é reseñable un ancho balcón ampliamente voado por fóra da fachada do edificio que está apoiado en tres robustos piares. O balcón está protexido por unha varanda de madeira de cinco tramos separados entre sí por postes do mesmo material. Estes últimos serven tamén para ter man da cuberta, que é unha prolongación do tellado da casa.
 
Os diferentes volumes artéllanse en torno a un terreo que hai na parte posterior e que serve de xardín. Na parte frontal, cruzando a estrada, a casa conta cunha grande extensión de terreo onde se atopa tamén un canastro da mesma propiedade.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-21.

volver a búsqueda