Capela de San Roque

mapa ficha

Referencia:

050072

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60568100 y: 466599000

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Zadagós

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Roque

Descrición:

Esta capela de San Roque foi fundada cara mediados do século XVII, este dato dedúcese por unha claúsula do testamento de Don Antonio Pérez cura de Piñeira(tío do fundador do templo) na cal deixa fundada unha misa semanaria a perpetuidade (Libro 35.8.14, fol.91); "Ytem mando y dejo que para honrra y servicio de Dios y de su bendita Madre Siempre Virgen Maria Santisima y Nuestra fundo una capilla y Aniversario de una misa cada semana que se ha de decir todos los domingos del año despues de mi fallecimiento para siempre jamás en la Hermita que fabricó Pedro Perez mi sobrino con licencia del ordinario Ecconomo en el lugar de Zadagós junto a las casas que fabricaron Don Antonio Perez y Antonia de Zadagós mis padres difuntos; y si el Abad que me sucediere en este beneficio no permitiere se diga misa a los dias de fiesta, alegando se le perjudica al derecho parroquial se dirá a otro dia de la semana al viernes o sabado.. ..". Para poder sosteñer esta misa semanaria o seu fundador deixaba vinculada á mesma unha serie de bens.
 
O anterior data queda corroborado na visita parroquial do ano 1711 (Libro 38.8.14, fol.29); ".. ..y la tercera de San Roque en donde se debe decir misa semanaria por fundacion del Licenciado Antonio Perez, para lo qual dejo por especial hipoteca 20 ducados en dinero fisico y seis fanegas de pan todo ello de renta anual, que lo goza oy Don Miguel Enriquez como sucesor de Pedro Perez heredero del fundador".
 
A ermida debía ser moi concurrida polos veciños do lugar e este feito non lle facía moita gracia ó párroco de Piñeira, así pola visita de 1729 (Libro 35.8.14, fol.46v) o bispo deixa encomendado que os veciños do pobo de Zadagós non oian misa na capela de San Roque, excepto os familiares. Esta decisión foi motivada a que os veciños ó asistir á misa á capela deixaban de ir á parroquial.
 
O pequeno edificio presenta pranta rectangular e os muros érguense con perpiaños de boa labra. A fachada é de gran sobriedade, presenta porta de acceso alintelada e espadana sobre basamento. A espadana conta cun só corpo e consta dun arco con listeles no arranque da volta do mesmo. Coroa todo o conxunto unha sinxela cruz latina pétrea. Cuberta a dúas augas con tella romana.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AR-10.
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
        Libro 35.8.14.
 

volver a búsqueda