Xacemento do Porto / Contorno da Igrexa de Piñeira de Arcos

mapa ficha

Referencia:

050068

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60294071 y: 466616299

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Romanos

Subtipo:

Xacemento Romano

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento do Porto / Contorno da Igrexa de Piñeira de Arcos

Descrición:

O xacemento atópase no núcleo de Piñeira de Arcos en torno á igrexa parroquial e á casa reitoral e os seus diestros.
 
Segundo a ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia, no contorno da Igrexa de Piñeira e no sector sueste do núcleo hai claras evidencias da existencia dun grande xacemento romano tipo vila ou "vicus" con necrópole adxacente. Debido a que o xacemento non conserva estruturas visibles e a que o material que se atopou depende do estado de remoción das terras nas fincas cultivadas, a delimitación do mesmo non queda moi clara. A maior concentración de material apareceu nas fincas situadas á beira da pista próxima á ábsida da igrexa, pero tamén leva aparecido material nos diestros da igrexa que marxean coa reitoral.
 
Veciños do pobo afirmaron que cando se ampliou o recinto pechado do cemiterio que apareceron tumbas antigas "varias caixas feitas de tégula" en dirección E-W. Estas tumbas foron arrasadas pero tiñan continuidade cara os diestros da igrexa.
 
Apareceu material de abondo, sendo éste cerámica común romana, tégulas e ladrillos -incluso algún enteiro-. Tamén hai tres muíños de man circulares na casa dun veciño que se atoparon no mesmo emprazamento.
 
Segundo os veciños do núcleo o río Piñeira ó seu paso polo pobo tiña canalización romana.
 
Pouco desto que se acaba de describir se pode apreciar na actualidade, apenas algúns anacos de tégula e ladrillo nas fincas que están traballadas. Nos diestros da igrexa nada se aprecia por estaren as terras ermas.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32077020
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077020/20

volver a búsqueda