Xacemento Leiras da Tapada 2

mapa ficha

Referencia:

050065

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60225170 y: 466447887

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Túmulos Megalíticos

Subtipo:

Túmulo Megalítico

Etapa Histórica:

Neolítico

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Leiras da Tapada 2

Descrición:

Pola estrada N-525 en dirección Madrid, á altura de Sandiás derviarse cara a ermida de San Bieito de Uceira. Despois de continuar por ela uns 1500 m. aproximadamente hai que desviarse á dereita por unha pista de terra; coller o seguinte cruce á dereita e seguir bordeando un outeiro granítico. A mámoa atópase ó sueste deste outeiro, pegada e cortada pola pista. Localízase nunha penichaira das terras altas de Sandiás, nunhas terras xa case limítrofes entre os concellos de Sandiás e Allariz.
 
Este túmulo presenta unha serie de pedras soltas de granito e de cuarzo que corresponden a unha coiraza pétrea. O cráter de violación central é pouco profundo. A mámoa está cortada pola pista que lle pasa ó lado, e no seu pefil pódense apreciar abundantes pedras soltas así como varios ortostatos tirados que formarían parte da cámara.
 
Medidas:
Eixo N-S: 12.50 m.
Eixo E-W: 9.50 m.
Altura Aprox.: 1 m.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32077011
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077011/11

volver a búsqueda