Xacemento Leiras da Tapada 1

mapa ficha

Referencia:

050064

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60214377 y: 466460991

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Túmulos Megalíticos

Subtipo:

Túmulo Megalítico

Etapa Histórica:

Neolítico

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Leiras da Tapada 1

Descrición:

Pola estrada N-525 en dirección Madrid, á altura de Sandiás derviarse cara á ermida de San Bieito de Uceira. Despois de continuar por ela uns 1500 m. aproximadamente hai que desviarse á dereita por unha pista de terra; coller o seguinte cruce á dereita e seguir bordeando un outeiro granítico. A mámoa atópase ó norte deste outeiro, case pegada ó camiño. Atópase próxima ó limite entre o concello de Sandiás e o de Allariz.
 
Éun túmulo dunhas proporcións bastante considerables e que conta cun grande cráter de violación central. Ó estar inzado de vexetación impide apreciar outras características. Ten gran visibilidade no arco W-N-E
 
Medidas:
Túmulo:
Eixo N-S: 23 m.
Eixo E-W: 18 m.
Altura aprox.: 2 m.
 
Cráter:
5 m. De diámetro
1 m. De profundidade
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32077003.
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077003/003

volver a búsqueda