Capela de Santa Mariña

mapa ficha

Referencia:

050063

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60257177 y: 466575761

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Capela de Santa Mariña

Descrición:

Dende o último tercio do século XVII que se conserva documentación da parroquia vense facendo constantemente referencia a esta capela de Santa Mariña. O edificio actualmente existente é contemporáneo na súa maior parte, pero o antigo debeu ser un exemplar interesante. Poucos notas son as que podemos extraer referentes ó mesmo; contou cun retablo maior e dous colaterais. No exterior albergaba un cabido.
 
O edificio presenta pranta rectangular cuns muros levantados a base de perpiaños de boa labra. A fachada artéllase en torno a unhas bandas lisas. Presenta catro vans alintelados; a porta de acceso, dous fachais e un oco cadrado moldurado enriba da porta. Interesante espadana para unha capela, está asentada sobre basamento con cornixa e consta de dous corpos dun arco cada un deles. Coroa todo o conxunto unha cruz latina pétrea con remates dos brazos trebolados.
Varios pináculos piramidais campan na fachada da ermida. No interior conserva unhas interesantes pinturas murais no testeiro.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AR-9.
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda