Pontillóns

mapa ficha

Referencia:

050062

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60281128 y: 466606044

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións do territorio

Subtipo:

Ponte

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Pontillóns

Descrición:

No pobo de piñeira de Arcos pódense observar dous pontillóns salvando o río que atravesa este núcleo. Un deles está composto por dúas cepas que dan lugar a tres vanos -un cegado-. As calzadas destes pontillóns soen estar formadas por longas chantas. Na fotografía adxunta pódense apreciar estas pezas debaixo do peitoril, na superficie non son visibles por estar a calzada pavimentada con cemento. Nun dos lados conserva o peitoril de orixe, levantado a base de perpiaños, no outro lado adósase ó pontillón unha construción auxiliar e no resto que queda libre empréganse a modo de peitoril unha serie de pedras labradas que desentonan ca obra.
 
O outro pontillón utilízase de acceso para unha casa particular -ten á entrada un cruceiro e un hórrreo mixto-. Como elemento de apoio central das chantas bótase man dunha cepa, o que da lugar a un pontillón de dous vans. Peitoril de perpiaños que intercala en ambos lados no seu punto central unha amea.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: OC-1

volver a búsqueda