Fonte e lavadoiro

mapa ficha

Referencia:

050060

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60261200 y: 466621200

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Lavadoiro

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Fonte e lavadoiro

Descrición:

Este conxunto de fonte e lavadoiro atópase á beira da estrada que une os barrios de Piñeira de Arriba e Piñeira de Abaixo, estivo sometido a unha recente intervención que lle proporcionou o aspecto que hoxe mostra. A fonte componse dun pequeno estanque cuberto e diante do mesmo o muro da fonte que consta de tres perpiaños, o inferior parcialmente soterrado e o superior con remate triangular. O cano polo que sae a auga está empotrado no perpiaño inferior, practicamente ó ras da terra e decorre cara un pequeno pilón enterrado. Dende aquí a auga decorre por unha canle descuberta ata o lavadoiro.
 
O lavadoiro é de grandes dimensión e debuxa forma rectangular. Os muros, de escasa altura, son de perpiaños e están coroados nos catro lados polas pedras de lavar, lixeiramente inclinadas cara o interior do lavadoiro.
 
O contorno tanto da fonte como do lavadoiro está pavimentado con pedra labrada froito da intervención que se levou a cabo no conxunto.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: CP-22.

volver a búsqueda