Casa reitoral

mapa ficha

Referencia:

050059

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60285340 y: 466620341

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Reitorais

Subtipo:

Casa Reitoral

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Casa reitoral

Descrición:

A casa reitoral de Piñeira de Arcos é unha das máis senlleiras da comarca da Limia. É unha construción de grandes proporcións que presenta pranta en forma de "U", consta de baixo e primeiro andar. O edificio artéllase en torno a un grande patio, ó que se accede a el dende o exterior a través dun portalón alintelado, na ficha do inventario do planeamento urbanístico afírmase que se empraza nel unha fonte, hoxe invisible pola mesta maleza que ocupa o  espazo.
 
A casa é unha amalgama de construcións que obedecen a momentos diferentes, eso apréciase moi ben no granito empregado, unhas veces son perpiaños de boa labra e ben asentados, outros tramos están realizados mediante perpiaños irregulares, e mesmo en ocasións son visibles partes de cachotería. O granito en partes preséntase con restos de encintado e noutros tramos sen ningún rastro deste elemento.
 
Malia as magnitudes da reitoral, non son moi numerosos os vanos que se aprecian nas súas paredes -algúns a día de hoxe cegados-, pódense contemplar dende simples bufardas ata fiestras de maiores dimensións con montante. Este feito atribúelle ó edificio un forte carácter de robustez, xunto coas dúas torres adosadas ó edificio que presentan pranta cadrada e están realizadas a base de perpiaños de boa labra. Rematan os seus muros nunhas logradas cornixas do mesmo material.
 
É posible ver no caleado dalgunhas paredes repetida en varias ocasións a data de 1790. A cuberta é de madeira e tella curva.
 
A proximidade coa igrexa parroquial é notoria, é ademáis é de reseñar a grande finca que bordea ó edificio
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia.
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-18.

volver a búsqueda