Igrexa parroquial de San Xoán

mapa ficha

Referencia:

050058

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60286744 y: 466619080

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Neoclásico
Igrexa parroquial de San Xoán

Descrición:

O templo que hoxe figura no pobo de Piñeira de Arcos é unha arquitectura moderna de finais do século XIX. As fontes documentais que se conservan apenas aportan datos interesantes para deducir a apariencia da antiga igrexa. Sábese que o templo tiña adosado unha capela no exterior onde se veneraba a imaxe da Nosa Señora do Rosario. Esta capela levantouse según as vontades testamentarias do Licenciado Pedro Marra abade que foi de Piñeira de Arcos. Otorga o seu testamento en 1697 (Libro 35.8.14., fol.131) e nunha claúsula do mesmo deixa recollido; "Ytem mando que de mis vienes se haga una capilla desde la sacristia hasta la puerta traviesa que mira hacia la parte de Arcos, con unas rejas como las de la hermita de Santa Marina, y en ella se pondrá la Ymagen de Nuestra Señora que tengo dentro del coro de la Yglesia, y que se  le dará y comprará para mi quenta todo lo nezesario de ornamento para decir misa en ella, sin dependencia de la parroquial: y consiquetivo a dicha capilla se hará un cavildo, cosa de dos varas mas delante de dichas gradas con un poste de piedra y una vigueta de alli a la pared de la yglesia para que se pueda oir misa con mas comodidad, a la qual despues de echa se trasladaran mis huesos a dicha capilla = Ytem digo y mando que en la dicha capilla se me digan perpetuamente para siempre jamas dos misas rezadas en cada semana...".
 
A idea da construción dunha nova igrexa parte de mediados do século XIX, na documentación de 1855 (Libro 35.8.17., fol.7) aparece recollido; "Al Arquitecto Don Felipe Bouzas por la formacion del plano y presupuesto, con su pliego de condiciones para la construcion de una yglesia nueva 329 reales". A licencia para a factura do novo edificio foi emitida polo bispo o día 5 de Outubro de 1859. As obras non se fixeron esperar, así se desprende dunha das primeiras datas da obra (Libro 35.8.17., fol.20) ; "En diez y nuebe de Octubre de 1859 dio principio a las obras de canteria y del treinta del mismo aparece un recibo importe de seiscientos cincuenta y cuatro reales". A continuación desta partida de cartos, especifícanse outras varioas que se van emitindo co gallo das obras, pero sen relevancia para o estudio do proceso constructivo do edificio.
 
Cara 1867 (Libro 35.8.17., fol.28) os traballos debían estar bastante avanzados, a piques de concluir, así o manifesta unha nota recollida nesa data; "Soy acreedor de 7144 reales que se gastaron en el baldoso de la sacristia: en el baldoso del cuerpo de la yglesia: en hacer la mesa con sus escalas y credenciales del altar mayor: y en cerrar y alargar el atrio que por falta de fondos aun esta sin concluir". Ó ano seguinte os esforzos van estar canalizados no adro do templo: "Por la entrada y grada que se le hizo al atrio para impedir la entrada de los cerdos llevó el maestro cantero Manuel Barreiro 184 reales".
 
O resultado de todas estas obras foi un edificio dunha nave rectangular que se prolonga nun presbiterio de maior altura. Séguelle a este último volume unha sancristía moito menos elevada. As paredes están levantadas a base de perpiaños de boa labra. Repartidas por todo o edificio presenta varias fiestras longas e estreitas. A fachada preséntase enmarcada por dúas pilastras de escaso relieve. Este mesmo proceso repítese coa portada, as pilastras sosteñen un entaboamento onde destaca un friso con triglifos e metopas sen decoración. Trátase dun van alintelado e moldurado. Enriba da porta en ascenso unha cartela, fiestra e fornela que na actualidade non alberga imaxe algunha. O remate da fachada está sen finalizar, estaba proxectada unha espadana de máis dun corpo pero só se chegou a levantar o que hoxe se conserva con un corpo de dous arcos xemelgos con machóns apilastrados. Nos ángulos da capela maior destacan unhos singulares elementos pétreos.
 
Coa contrución da igrexa foi proxectado tamén o osario que se adosa polo exterior á mesma.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.O.U.
        Libro 35.8.14
        Libro 35.8.17
 
BIBLIOGRAFÍA:
-DE JUANA LÓPEZ, J.: A Alta Limia. A Terra que medrou vencellada a unha Lagoa, Ir Indo Edicións, Vigo, 1993, p.100

volver a búsqueda