Canastro 4

mapa ficha

Referencia:

050057

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60291800 y: 466609100

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 4

Descrición:

Canastro de madeira que emprega como soporte dúas cepas de gran altura sobre as que descansan unhas mesas rectangulares con terminación circular nos lados menores. As cepas teñen forma troncopiramidal invertida e están feitas con tres perpiaños de boa labra. Enriba deste complexo queda asentado o corpo do canastro, un corpo que se pecha nos seus lados costais mediante tres lenzos de doelas separados por columnas de madeira. As doelas seguen unha disposición vertical e quedan unidas entre sí mediante faixas. Nun dos lados penais emprégase o mesmo procedemento, o outro queda reservado para a porta de acceso. A cámara precisa de varios soficos para manter o equilibrio. Cuberta a dúas augas con tella francesa.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Sandiás. Clave de identificación: CP-20.

volver a búsqueda