Cruceiro 2

mapa ficha

Referencia:

050054

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60282100 y: 466604900

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Cruceiros

Subtipo:

Cruceiro

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Cruceiro 2

Descrición:

Cruceiro de propiedade privada asentado sobre unha plataforma dunha soa grada cadrada. O pedestal é cúbico coas arestas matadas na parte superior, este elemento deixa paso a un varal de sección cadrada cunha pequena imaxe de Santiago peregrino. O capitel bastante desenrolado queda dividido en dous rexistros, un superior con volutas nos ángulos e no medio de cada cara cabezas de anxos, e un inferior decorados a base de motivos vexetais. Coroa a obra unha cruz latina cos brazos de sección octogonal e remates en flor de azucena. A iconografía que presenta é por un lado un crucificado de tres cravos e polo outro unha Virxe das Dores sobre peaña e coroada, os dedos entrecollidos sobre o peito e vestida con longas roupas.
 
Segundo información da propietaria, a cruz foi comprada nun anticuario na vila de Verín e o resto foi feito de novo.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: ER-6.

volver a búsqueda