Canastro 3

mapa ficha

Referencia:

050053

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60282700 y: 466604600

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 3

Descrición:

Canastro mixto que emprega como soportes dúas cepas que descansan en soleira que nivela o terreo. Enriba das cepas dúas mesas de pedra conectan directamente os soportes coa cámara do canastro, unha cámara coa estructura de pedra que se pecha nos lados costais a base dunha sucesión de doelas dispostas verticalmente e atravesadas por faixas. Esta é a mesma solución adoptada para un dos lados penais, o outro queda reservado para a porta de acceso. Lados menores con pinches coroados por topetes. Nun dos pinches apréciase unha inscrición coa data de realización do ben: "AÑO 1840". Cuberta a dúas augas con tella curva, nos extremos do cumio dous elementos pétreos: un pináculo e unha cruz latina cos brazos de sección romboidal e con remate florenzado nos extremos dos mesmos.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Sandiás. Clave de identificación: CP-21.

volver a búsqueda