Canastro 2

mapa ficha

Referencia:

050051

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60272200 y: 466615200

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Piñeira de Arcos

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 2

Descrición:

Canastro mixto que emprega como soportes dúas modalidades diferentes e sobrepostas. No rexistro inferior emprégase nun extremo unha parella de columnas que teñen man dunha mesa de pedra rectangular, no outro extremo un lenzo de muro feito a base de perpiaños mezclados con cachotería. Sobre este complexo óptouse por unha solución de dúas cepas troncopiramidais enriba das cales descansan outras dúas mesas. A cámara conta coa estrutura de pedra e péchase nos lados costais mediante paneis de doelas dispostas en posición vertical e atravesadas por faixas. Nun dos lados penais apóstase por esta mesma solución, o outro queda reservado para a porta de acceso ó corpo do hórreo. Os lados penais con pinches -nun deles conta cunha inscrición que nos data  a obra en 1889- coroados por topetes. Cuberta a dúas augas de tella curva que voa enerxicamente sobre os lados maiores.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello der Sandiás. Clave de identificación: CP-19.

volver a búsqueda