Xacemento Poulas do Corgo

mapa ficha

Referencia:

050043

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60171349 y: 466687490

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Fontela, A

Tipoloxía:

Representacións Rupestres

Tipo:

Petroglifos

Subtipo:

Petroglifo

Etapa Histórica:

Idade do Bronce

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Poulas do Corgo

Descrición:

Dende a pobo da Fontela, e seguindo a estrada que atravesa ó mesmo en dirección Allariz, uns metros antes da fonte do pobo á man esquerda corta un camiño de terra cara as terras que os veciños denominan As Poulas do Corgo. O xacemento non é de fácil localización, atópase nuns afloramentos de rocha natural que se atopan case ó ras da terra. No lugar que se atopan estes petroglifos xa son terras limítrofes entre o Concello de Allariz e o de Sandiás, un sinal distintivo que pode axudar a atopar o xacemento é a liña de alta tensión que pasa moi preto destas rochas.
 
Son un total de cinco afloramentos nun pequeno outeiro no reborde granítico da cabeceira do regato Ferradal. Os afloramentos están cercanos entre sí e contan con gravados homoxéneos que se consideran como un conxunto ou estación de orixe prehistórico. O paso do tempo así como os axentes naturais foron facendo mella nos petroglifos, que se conservan bastante erosionados.
 
Rocha 1:
Dentro do conxunto é a que se sitúa ó SE. É un afloramento granítico disposto en sentido E-W que ven levantando aproximadamente un metro do chan. Na cara superior pódense apreciar unhas 15 cazoletas gravadas, así como varios surcos arredor dunha pía de orixe natural. As cazoletas miden entre 4 e 6 cm de profundidade. Os petroglifos están moi erosionados e a rocha que os portan está cortada por canteira na súa metade W.
Medidas:
Eixo E-W: 3.30m.
Eixo N-S: 2.20m.
Altura: 1m. Aproximadamente.
 
Rocha 2:
Este afloramento granítico atópase prácticamente ó ras do chan. Ten gravada unha cazoleta central de 6 cms. de diámetro. A pedra como a anterior está cortada por canteira e bastante invadida polo brión e por liques o que impide ver con claridade a superficie do afloramento.
 
Rocha 3:
Este é un afloramento granítico que levanta aproximadamente uns 50cm. do chan. Na súa cara superior ten catro pías naturais.
 
Rocha 4:
Afloramento granítico que levanta aproximadamente uns 50 cms do chan. A rocha está cortada por unha diaclasa. A metade W ten unha basta concentración de cazoletas e surcos que as unen e na metade E conta con oito cazoletas. As cazoletas están bastante erosionadas e veñen medindo entre 4 e 8 cms de diámetro e entre 1 e 2 cms de profundidade.
Medidas:
Eixo E-W: 2.60 m.
Eixo N-S: 2.70 m.
Altura: 50 cms aproximadamente.
 
Rocha 5:
Afloramento granítico duns 50 cms aproximadamente de altura que conta cunha cazoleta central. Esta rocha formaba parte do afloramento máis alto do outeiro, pero éste está totalmente cortado por canteira. Debido a este motivo probablemente desapareceron varios gravados.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077015.

volver a búsqueda