Xacemento da Cortiña nova

mapa ficha

Referencia:

050042

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 602038 y: 4667767

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Fontela, A

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Túmulos Megalíticos

Subtipo:

Túmulo Megalítico

Etapa Histórica:

Neolítico

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento da Cortiña nova

Descrición:

Para chegar ata o xacemento, unha vez que nos atopamos no pobo da Fontela hai que atravesalo pola estrada que conduce cara Allariz, así, á altura do Km. 525 Hm.3 e a uns 15 metros á marxe esquerda da estrada xa se atopa o xacemento.
 
Esta mámoa xa se atopa prácticamente no límite entre o Concello de Sandiás e o de Allariz. É un túmulo de terra de grandes proporcións se o comparamos con outros do seu contorno. O cráter de violación central está pouco marcado. A maior altura consérvaa no sector W.
 
Como medidas aproximadas pódense dar as seguintes:
Eixo N-S: 24m.
Eixo E-W: 18.50m.
Altura aprox.: de 1.5m. a 2m.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077004/04.
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32077004.

volver a búsqueda