Xacemento da Touciña Nova

mapa ficha

Referencia:

050039

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60427477 y: 466662287

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Chousela, A

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Asentamentos ao ar libre

Subtipo:

Asentamento ao ar libre

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento da Touciña Nova

Descrición:

Para chegar ata o xacemento, dende a N-525 en dirección Madrid hai que desviarse polo pobo de piñeira de Arcos e coller a pista que leva ó núcleo da Chousela. Unha vez que se pasa este último pobo coller a primeira pista da concentración parcelaria á esquerda. O terreo no que se atopan os restos están entre as dúas seguintes pistas da concentración á man dereita.
 
Nestas fincas adicadas a labouras agrícolas aparece unha importante cantidade de cerámica en fragmentos grandes en tonos alaranxados con moito desgrasante de mica e cuarzo. Aparece tamén algunha tella curva. Nos lindes da finca aínda se poden apreciar pedras traballadas como se pertencesen a muros. A cerámica é moi homoxénea, de mala calidade, moi degradada pola humidade, pero pouco rodada. Hai pezas con decoración de cordón de sección triangular aplicado.
 
Por todos estes datos debe tratarse dun pequeno xacemento de época altomedieval ou tardorromano. A súa ubicación no medio da chaira da Limia, pode responder ó intenso poboamento e aproveitamento da Lagoa da Antela (Lago cuaternario hoxe disecado). O xacemento atópase moi preto da antiga beira desta lagoa.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077019/19.
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32077019.

volver a búsqueda