Xacemento A touza

mapa ficha

Referencia:

050038

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60366637 y: 466648536

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Chousela, A

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Asentamentos ao ar libre

Subtipo:

Asentamento ao ar libre

Etapa Histórica:

Calcolítico

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento A touza

Descrición:

Para chegar ata o xacemento, dende a N-525 en dirección Madrid hai que desviarse polo polo pobo de Piñeira de Arcos cara o núcleo de A Chousela. Os restos do xacemento atópanse á esquerda desta pista, nunha zona visible polo bosque de carballos fente ó pobo de Piñeira.
 
Estes restos foron descubertos debido ó seguimento arqueolóxico levado a cabo para as obras da autovía das "Rías Baixas" no ano 1993. Por esta data parece ser que apareceron abundantes fragmentos de cerámica feita a man bastante grosos e con pastas de cores escuros e alisado pola súa cara exterior. É de destacar un anaco negro cos cara exterior decorada con liñas en forma de espiga con certa semellanza o outros exemplares de época calcolítica. Asimesmo tamén se atoparon pezas de industria lítica.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbaníatico do concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077010/10.
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32077010.

volver a búsqueda