Xacemento A praza da Lagoa

mapa ficha

Referencia:

050037

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60382472 y: 466604781

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Chousela, A

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Romanos

Subtipo:

Xacemento Romano

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento A praza da Lagoa

Descrición:

Para acceder ata o xacemento, dende a estrada N-525 en dirección Madrid hai que desviarse polo pobo de Piñeira de Arcos e coller cara A Chousela. Os restos atópanse ó norte da pista que conduce ó último núcleo citado, xusto antes de cruzar a autovía. Ocupan unha amplia extensión de terreno.
 
Tivéronse novas deste xacemento debido ó seguimento arqueolóxico levado a cabo con motivo das obras da autovía das "Rías Baixas" no ano 1993. No informe recollido nesa data exponse que aparecen numerosos fragmentos de cerámica común romana, tégula e ladrillo. Na actualidade a maior parte da extensión que ocupa o xacemento está cuberta de maleza e arboreda -unha parte incendiada hai pouco tempo-, o resto do terreno está adicado ó cultivo. É aquí onde inda se pode apreciar algún resto de cerámica común romana e tégula.
 
Para delimitar o xacemento, a única opción é pola dispersión dos materias que aparecen en superficie, xa que non hai estructuras visibles. Non cabe dúbida que os materiais son de época romana, o que non se pode determinar é o tipo de xacemento, aínda que probablemente se trate dunha vila rural romana. O xacemento atópase preto do trazado da Vía Nova ou Vía XVIII do Itinerario de Antonino, así como dunha vía secundaria que partía da XVIII cara Lugo.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077009/009.
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32077009.

volver a búsqueda