Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

050035

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60426500 y: 466610400

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Chousela, A

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Pequeno forno comunal recentemente remodelado. A pranta debuxa un reducido rectángulo tendendo un dos seus lados menores cara a liña curva. É neste lugar onde se atopa a capela do forno. As paredes están realizadas en pedra de cachotería cun ancho encintado de cemento gris refundido. Presenta dous vans, un deles nun dos lados menores e correspóndese coa porta de entrada, é alintelada rematada por unha trabe de madeira. Enriba desta trabe un tramo de parede está feita de terróns, material construtivo típico desta zona do que no seu día foi a lagoa. O outro vano é unha pequena bufarda que se atopa nun dos lados maiores, no que dá cara o camiño público. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda