Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

050033

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60483800 y: 466553900

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Corga, A

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Forno comunal en bo estado de conservación. Presenta unha pranta que tende cara unha forma rectangular, aínda que nun dos lados menores debuxa unha curva, é este o emprazamento do forno propiamente dito. As paredes están realizadas en cachotería mixturada con perpiaños irregulares con ancho encintado de cemento gris. Presenta un único vano correspondente coa porta de acceso, dita porta é alintelada e está delimitada nos lados polas agullas e os tranqueiros. Cuberta a dúas augas con tella curva na maior parte do edificio, tornándose en tres no lado que debuxa a liña curva. Segundo información dos veciños o forno aínda non hai moitos anos que estaba cuberto con colmo. Destaca na cuberta unha cheminea cun corpo pouco desenrolado en altura, está cuberta por unha laxe e coroada por un pináculo.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: CP-14.

volver a búsqueda