Xacemento da Coroa / O Foxo

mapa ficha

Referencia:

050032

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60313380 y: 466761925

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Arcos

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Asentamentos ao ar libre

Subtipo:

Asentamento ao ar libre

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento da Coroa / O Foxo

Descrición:

Este xacemento atópase nun outeiriño en cuio cumio se asenta a capela de San Pedro de Arcos. Coma outros moitos do arredor, o xacemento foi atopado unha vez que se realizaron as prospeccións sistemáticas oportunas para a realización da autovía das "Rías Baixas" no ano 1993. Naquel momento parece ser que apareceron fragmentos de cerámica de pastas claras, grises e negras. Tamén puideron apreciar escoria de ferro e un cravo de sección cadrada, sen esquecer os restos de tella. Na actualidade  non se recoñece ningún deste material, sí se poden ver bastantes restos de escoria de ferro no terreo que está na fronte da capela.
 
O outeiro conta con pouca elevación e ten unha croa chaira de tendencia elíptica en sentido W-E. Na fotografía aérea parece apreciarse un foxo que o circunda para os autores da prospección de 1993. Na nosa visita non se localizou foso, aínda que podería estar enmascarado pola maleza.
 
A Coroa ou o Foxo como se denomina ó lugar son topónimos adecuados para un xacemento delimitado con estruturas e adscribible á Idade do Ferro e/ou á romanización, aínda que polos materias que se citaron parecen inclinar máis a cousa cara a época romana.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32077007.
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Sandiás. Clave de identificación: GA32077007/07.

volver a búsqueda