Capela de San Pedro

mapa ficha

Referencia:

050030

Nomenclator:

3207702

Coord. UTM:

x: 60314995 y: 466762019

Concello:

Sandiás

Parroquia:

PIÑEIRA DE ARCOS

Lugar:

Arcos

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Pedro

Descrición:

As primeiras noticias documentais que se teñen desta capela arrancan de finais do século XVII, por esas datas a ermida xa non reunía as mellores condicións para o culto. Houbo entón que emprender unhas obras de reformas que correron a cargo dun particular, así se desprende dunha nota de 1683 (Libro 35.8.13., fol.20Vº); "allandose toda la feligresia junta al ofertorio de la missa acordaron en que la capilla de san Pedro sita en esta feligresia por estar indecente y ser muy pequeña para celebrarse los oficios divinos en las festividades del santo si acaso avia algun devoto que a su costa quisiese componerla.. ..visto por Don Pedro Perez vecino de Zadagos dijo tomaria a su cargo el componerla como lo ha hecho alargandola bastantisimamente poniendole cavildo faiandola toda de nuevo y rasgando el arco todo de calidad que esta decentemente".
 
Pronto o edificio se verá inmerso nunhas novas obras, pero nesta ocasión de maior envergadura. Estan datadas nos anos 20 do século XVIII (Libro 35.8.13., fol.45); "Memoria de los gastos que tuvo la redificacion de la capilla de Señor San Pedro que se hizo toda ella de nuevo por quenta de dichos alcances.
Mas pago de mi orden a francisco Rodriguez maestro pedrero que rehedificó la capilla del señor san Pedro toda de nuevo ochocientos y quarenta y dos reales de que tiene recibo.
Mas al mesmo por losar la capilla mayor, o prebiterio hazer el altar y peana de canteria labrada, y las dos columnas para el cavildo dar cal a la capilla  por adentro de paleta y por afuera a la morisca en que se ocupo desde el dia dos de junio de 724 el y otros dos ofiziales asta el dia catorze de julio que son veinte y seis dias, los dos a tres reales y medio y el otro a tres reales a secas ymportan, duzientos y quinze reales". Aparte unha serie de gastos menores para madeiras etc. A estas obras debe facer referencia unha das inscripcións que alberga o edificio enriba da porta. A súa interpretación é dificultosa debido a que as letras foron repintadas e manipuladas.
 
Na visita parroquial do ano 1729 (Libro 35.8.14., fol.46Vº), a pesar de que se fala de que a igrexa está recén reedificada, afírmase que se atopa indecente por carecer de retablo. O bispo mándalle ós feligreses que acometan esta obra e para iso fagan un reparto entre sí para afrontar ó custo do mesmo. Recorda a súa Ilustrísima que as obras da canteiría da ermida non foran pagadas a costa dos feligreses, senon das primicias. Esta encomenda da visita debeu ser pouco escoitada polos veciños xa que na posterior de 1734 (Libro 35.8.14., fol.49) vólvese a facer fincapé neste aspecto.
 
Na capela rezan outras dúas datas relacionadas con melloras na ermida, unhs delas está cita o ano 1930, onde se di que o templo foi reedificado a conta do pobo. Na outra inscripción -localizada debaixo da espadana- reza o ano 1983.
 
O edificio presenta pranta rectangular e os muros érguense a base de cachotería encintada, intercalando en ocasións perpiaños. Na fachada ábrense tres vans alintelados de consideración: a porta de acceso e unha fiestra cadrada a cada lado. Presenta sinxela espadana sobre basamento con listeis no arranque da volta do arco. O conxunto aparece coroado por unha cruz latina pétrea cos brazos de sección cadrada.
Recentemente foi engadido un cabido de madeira. Cuberta a dúas augas con tella romana.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AR-7.
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
        Libro 35.8.13
        Libro 35.8.14

volver a búsqueda